A Orquestra Panorama volve a gañar

A orquesta Panorama volveu a vencer, por quinto ano consecutivo, no concurso da Mellor Orquestra de Galicia, que impulsamos desde o portal Anosacosta.com. Obtivo un 33,37% dos votos. A orquestra Panorama acadou un 33,37% dos 1.714 votos recolectados nesta fase final. Con anterioridade, houbo unha fase de nominacións para elixir as oito candidatas. O escrutinio quedou do seguinte xeito: 1. PANORAMA 572 -33,37% 2. OLYMPUS 454- 26,49% 3. LOS SATÉLITES 242- 14,12% 4. CHARLESTON 178 – 10,39% 5. CICLÓN 150- 8,75% 6. PARÍS DE NOIA 62- 3,62% 7. SUAVECITO 28 – 1,63% 8. PHILADELPHIA 28- 1,63% A Orquesta Panorama tivo coma principal rival a Olympus de Negreira, aínda que en todo momento mantivo a pole position. O webmaster de Anosacosta, Marcos Díaz Molk destacou o seguimento dun concurso que xa se convertíu en tradicional e agradeceu o apoio dos internautas a esta nova convocatoria: “O noso concurso naceu coa idea de apoiar as nosas formacións e promocionar as verbenas de Galicia, é certamente creemos que acadamos o obxetivo, pola propia publicidade destas votacións, que encontraron un eco moi importante nos diferentes medios”. Molk anunciou que a Panorama recibirá o seu trofeo e diploma acreditativo nunha das festas do verán (o ano pasado foi en Santa Comba). A verbena da entrega está aínda sen determinar, e animou as comisións de festexos interesadas neste acto a poñerse en contacto coa web www.anosacosta.com
Archivado en Prensa hace 2010-03-18 20:18:06
<< La Orquesta Panorama presenta la gira que llevará a más de 200 localidades gallegas durante el Año Santo | La orquesta Panorama elige Vilagarcía para su primera Diverfesta >>